viernes, 21 de octubre de 2016

Constituido o Parlamento de Galicia da X Lexislatura

Comezou esta mañá no compostelán Pazo do Hórreo a décima lexislatura do Parlamento de Galicia

Os 75 parlamentarios (41 deputados do PP, os 14 de En Marea, os outros tantos do PSOE e os 6 do BNG)  xuraron e prometeron os seus cargos.

Foron elixidos, para a presidencia do Parlamento Miguel Santalices Vieira. 


Para a vicepresidencia primeira Diego Calvo  e para a vicepresidencia segunda Eva Solla.

A secretaria será  Raquel Arias e Concepción Burgo, a vicesecretaría. 

Miguel Santalices, nunha breve intervención, agradeceu a confianza do seu grupo e reclamou xa desde a presidencia que esta sexa a «lexislatura do respecto institucional» e puxo como obxectivo aos novos parlamentarios profundar na participación cidadá. 

Parabéns a todos os novos deputados e moito éxito no exercicio da súa función en beneficio de Galicia.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta