sábado, 29 de agosto de 2015

1,5 millóns destinados ao Camiño de Santiago acercan ao obxectivo de chegar en 2021 a 460.000 peregrinos

Difundimos hoxe os deputados galegos do PP unha nota na que valoramos moi positivamente que o Goberno recollese a petición do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, de incrementar a contía que os Presupostos Xerais de 2016 destinaban ao Camiño de Santiago.

Unha emenda popular dota con 1,5 millóns unha partida para a restauración e o acondicionamento ambiental do Camiño de Santiago que contribuirá a achegarse ao obxectivo de alcanzar os 460.000 peregrinos en Compostela en 2021, unha cifra moi superior aos 272.414 que chegaron en 2010 e que é, ata agora, a cifra máxima.

Recordamos que este diñeiro se une á dotación xa prevista no proxecto de Lei de Presupostos que xa incluía dous millóns de euros para o establecemento de pasos peonís para garantir a seguridade vial no Camiño nas provincias da Coruña e Lugo.

Despois de que o pasado 5 de xullo a Unesco ampliase a declaración de Patrimonio da Humanidade aos Camiños do Norte e Primitivo, agradecemos que o Goberno de Mariano Rajoy tivese a sensibilidade de investir na restauración do patrimonio cultural e monumental da ruta xacobea, así como no acondicionamento dos trazados.

Explicamos que o diñeiro previsto se destinará, entre outras, a intervencións no Camiño Norte nos municipios lucenses de RibadeoBarreirosTrabadaLourenzáMondoñedoAbadínVilalbaBegonteFriolGuitiriz, e nos coruñeses de SobradoVilasantar e Boimorto. E no Camiño Primitivo, na FonsagradaBaleiraCastroverdeLugoGuntínFriol (na provincia de Lugo) e Toques (na Coruña).

Estas partidas, sumaríanse ás xa contempladas nos PGE para Pedrafita do CebreriroTriacastelaSamosSarriaParadelaPortomarín, Palas de ReiMonterrosoMelideArzúa e O Pino e, ademais, comprende o establecemento dun programa de intervención priorizado sobre monumentos declarados Patrimonio da Humanidade: a Catedral de Mondoñedo, o Mosteiro de Sobrado dous Monxes e a Catedral de Lugo, xunto aos 32 bens de interese cultural nas tres rutas do Camiño declaradas Patrimonio da Humanidade.

Tamén destacamos o investimento anunciado recordando que en Galicia hai 1.320 quilómetros do Camiño de Santiago que pasan por máis de cen municipios e aseguramos que permitirán traballar ante o desafío que supón a dimensión internacional que alcanzou a ruta Xacobea, na que máis do 60% dos peregrinos que chegan xa son estranxeiros e onde se reciben visitantes de máis de 150 nacionalidades distintas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta